Da masa ao forno, cada paso conta. Pan artesanal, crocante por fóra, suave por dentro
A nosa panificadora en Betanzos elabora cada día pan artesanal de máxima calidade. Desde a masa ata o forno, coidamos cada paso para que goces dun pan crocante por fóra e suave por dentro. Na nosa panificadora en Betanzos tamén ofrecemos pan fresco para particulares e venta ao por maior para bares, restaurantes e tendas locais.
A nosa Historia
No corazón de Betanzos, Pan Betanzos mantén viva a paixón polo pan artesanal. Cada bóla elabórase con fariña galega de calidade, amasada a man e cocida con coidado, respectando a esencia do oficio panadeiro da rexión.
Máis que pan, ofrecemos sabor auténtico e produtos frescos que conquistaron xeracións de veciños e visitantes. A nosa dedicación e compromiso coa calidade convértennos nun referente local para quen busca tradición, frescura e bo pan.